Reunión Intercongresos SOGACOT 2023

Reunión Intercongresos SOGACOT 2023

Presentación

O salón de actos do Hospital Público de Verín acollerá o 2 de xuño unha reunión da Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (SOGACOT) á que asistirán medio centenar de especialistas de Galicia e e Portugal para afondar na tipoloxía, riscos e resposta ante a infección dunha prótese articular, evento pouco frecuente pero crecente ante o incremento de implantes, 1.993 o pasado ano só na nosa Área Sanitaria.

A reunión, organizada polo especialista do Hospital Público de Verín, Angel López, desenvolverase desde as 9 ás 14.30 e repasará, da man de numerosos expertos, a complexidade deste evento adverso. “A infección de prótese articular é unha entidade, por fortuna, pouco frecuente pero que xera unha gran alteración na saúde e calidade de vida do doente que a sofre, sendo ademais tremendamente consuntiva de recursos económicos e clínicos,”

Organizador

SOGACOT
Compartir

Introduce tu búsqueda en el cajetín para encontrar contenido.

Ir al contenido